Contacontos con marionetas e narración oral, sobre igualdade e violencia de xénero
A carteira reparte o correo na biblioteca. Cada carta vai a contarnos unha historia.
A de Clementina, a tartaruga que viaxa ceibe polo mundo. Rosa Caramelo conta a historia da elefantiña Margarida, que logrou que na súa manada todos vivan xuntos en igualdade de oportunidades e condicións.
Tamén hai unha rapaza que para gustarlle ao seu gran amor vaise desfacedo de aspectos persoais, pero finalmente pensa “Eu vou comigo” e decide ser ela mesma a risco de non gustarlle ao seu amor.
Con este contacontos intentamos concienciar aos nenos e nenas en contra da violencia de xénero, potenciar unha orientación non sexista, recoñecer as diferenzas e dificultades sociais de cada xénero e tratarnos con igualdade.
A través da narración oral e os monicreques coñeceremos os contos “Artur e Clementina” e “Rosa Caramelo” de Adela Turín, e “Eu vou comigo” de Raquel Díaz Reguera.
Duración: 50 minutos
Público: de 4 a 11 anos
Galería



