Contos para pasalo de medo

Contos que axudan a vencer os medos, pensados para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos

Da señora Antonia din que é unha meiga. Será polo seu aspecto? Sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada.
Ou polos seus amigos? Bandidos, pantasmas, morcegos e almas.

Pero a señora Antonia, a través de cinco historias, achegaranos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terrorrrrr, ímolo pasar de meeeeedooooo.

Duración: 50 minutos

Galería