O Grúfalo

Contacontos con marionetas e narración oral

Tres historias acontecen na fraga.

“O Grúfalo” está baseado no texto do libro de Julia Donaldson e nas ilustracións de Axel Scheffer para o deseño dos monicreques.
Conta a historia dun ratiño que pasea pola fraga e se atopa cun raposo, cun moucho e cunha serpe. Os tres queren papalo. O enxeñoso ratiño crea un monstro imaxinario para sobrevivir. E cal é a súa sorpresa cando se fronte a el a súa fantasía feita realidade. E con ganas de merendar… ratiños, por exemplo.
Pero o noso rato, coa súa intelixencia, valentía, astucia e confianza en si mesmo, sobrevivirá a todos eses depredadores máis feroces e fortes ca el.

“Shhh! Temos un plan”. Baseado no libro de Chris Haughton.
Catro amigos van pola fraga; ao ver un paxariño, queren cazalo. Salvo o máis pequeno, que decide axudalo para que poida vivir en paz.
Non todos os plans perseguen o mesmo… Unha divertida historia chea de acción e alegría de vivir.

“Na fraga”. Imos narrar unhas versións propias que mesturan varios relatos da nosa rica tradición oral.
Os chíos do paporroibo contan o que acontece na fraga. As historias das árbores, da raposa, do xabarín. Historias con sorpresas que nos fan rir.

Duración: 55 minutos

Idade recomendada: a partir de 3 anos

Galería