Ven a pastorear a risa e a xogar coas palabras!
A cabra Micaela e a súa pastora “están como unha cabra”. As alforxas de Micaela, en lugar de queixo e pan, levan contos e contiños todos toliños de atar. Son historias sen sentido que nos fan sorrir, e nos enchen de alegrías e de gañas de vivir.
Resumo:
Realización dunha sesión do contacontos “Pastoreando Alegrías”.
Este contacontos quere achegar a poesía aos mais pequenos. Se compón dunha selección de relatos en verso onde o humor é o piar básico da narración e incluso a súa finalidade. A través de contos de autor e da tradición oral, e contando co apoio dos títeres e diferentes elementos visuais, pretendemos pasar un poético rato que nos faga sorrir. Porque pensamos que hai que pastorear as alegrías e o bo humor e tamén queremos que a poesía non estea lonxe de nós.
Calquera data é boa para disfrutar da poesía, especialmente o día 21 de marzo xa que é o día Mundial da Poesía.
O contacontos inclúe un caderno de actividades relacionadas que se enviarán á biblioteca uns días antes da sesión.
Contos dos que se compón esta sesión:
- “A aventura sorprendente dun homiño moi valente” de Hans Traxler
- “O libro peludo” de Babette Cole
- “O coelliño Branco” de Xosé Ballesteros
- E contiños, poemas e enigmas da tradición oral e de creación propia
Duración: 45-50 minutos
Idades recomendadas: a partir de 3 anos
Descargas
Galería







