Contacontos con marionetas e narración oral
Nesta sesión pretendemos achegar as imaxes poéticas, o desfrute do ritmo da linguaxe, as danzas coas palabras e a fantasía que a poesía ten para os máis pequenos.
É unha sesión de contacontos e títeres na cal Rosalía de Castro vai xogando e contándonos poemas seus ou fragmentos dos mesmos.
Empregamos unha dinámica moi variada, visual e participativa, de xeito que persoas de todas as idades, dende as máis pequenas (a partir de dous anos) ata as máis grandes, poidamos desfrutar dos poemas de Rosalía e das imaxes poéticas da súa creación.
A narración oral, os monicreques e algúns elementos que propician o xogo servirannos para realizar a sesión.
Duración: 50 minutos
Idade recomendada: a partir de 2 anos
Galería



