Contacontos con narración oral, monicreques e mecanismos
O Circo, o maior espectáculo do mundo. Incribles artistas desafían as leis da física para realizar proezas inimaxinables. O máis grande aínda que sexa pequeno, o inigualable, o único e espectacular: Circo de pulgas
Nos circos sempre conviviron xentes de distintos lugares. Un crisol de culturas vive traballando e viaxando en comunidade. Artistas que se enfrontan a rozamentos culturais, diferentes ideoloxías, relixións… Mesmo persoas cuxos países de orixe están en conflito bélico únense para facer o máis grande espectáculo do mundo.
Neste caso é moi pequeno: os seus artistas son pulgas incribles que, con esforzo e vontade, conseguen resolver as súas diferencias.
Tentamos que este espectáculo sexa un canto á diversidade e á interculturalidade a través do humor e a sorpresa.
Duración: 45 minutos
Idade recomendada: Todos os públicos, a partir de 3 anos, máximo 50 espectadores
Galería






