Quen son

Primeiro sinxelos cantares guiáronme para entender a vida. Enseguida chegaron os contos, con eles puiden entendela millar.

Contos, cantos, lendas e libros, moitos libros. Teñen sido os meus aliados dende sempre para coñecer o mundo e coñecerme millar.

Na casa xogabamos a inventar historias; escoitar, contar, navegar o lombo dunha balea o percorrer o mundo nun burriño voador. Mil aventuras de cotío foron enchendo a miña cabeza de historias.

En 1986, nun curso de literatura infantil e animación á lectura, coñecín mais xente amante de escoitar relatos de todo tipo. E dende entón quixen facer da narración oral o meu oficio.

Con dúas compañeiras formamos o colectivo Dingolondango. Narrabamos por coles, feiras do libro, bibliotecas …. organizabamos conferencias sobre literatura infantil, cursos para educadores e actividades variadas que nos viñan a cabeza, seguramente hoxe chamaríanse performance.

Carmen Domech.

No 1989 tiven a sorte de que os títeres cruzáranse no meu camiño, e dende entón tamén acompañanme .

O meu repertorio é moi variado: contos tradicionais , de autora o autor, lendas , historias propias….

A min funcioname asi. Aparece unha historia , e un tempiño despois ( Poden ser

minutos ou dias). Contama un paxariño na miña cabeza. Entón seica quero transmitir. Poñome a traballala, a pensar en ela e decidir como a quero contar; a través da narración oral, os títeres, elementos visuais etc.

No 1993 vin a vivir a Galicia e a formar parte da compañía Títeres Cachirulo cos que realizamos o redor de 40 espectáculos, combinando neste repertorio versións de textos clasicos como “O libro da selva”, contos de tradición oral como “Fío de Lúa”, ou baseados en tradicións como “As xeneralas do Ulla”. E tamén historias propias como “Camiño de aventuras”.

As técnicas utilizadas son moi variadas; Fío, luva, mesa, sombras chinesas, teatro de obxectos etc. Como sempre gustoume moito o traballo ca plástica, constrúo as marionetas da compañía salvo contadas excepcions. Tamén represento os espectáculos.

Cando cheguei a Galicia puxenme a aprender a língua e nunca deixei de narrar, as veces utilizo os titeres nas miñas sesións de contacontos que presento como eu mesma ou Títeres Brincadeira.

Me sinto afortunada, gústame moitísimo o traballo de taller e tamén ir de acá para alá facendo funcións.

Contos e títeres leváronme por toda Galicia, por España adiante, moitos lugares de Europa, casi toda Sur América e un chisquiño de Asia.

No 2004, fixen a exposición plástica de animación á lectura “Biblioteca de libros fantásticos”. Está exposición itinerante viaxou moitísimo xa que estivo en mais de 70 lugares, e aínda hoxe de cando en vez sigue rodando, Sendo o Galego a súa lingua orixinal foi traducida a diferentes idiomas: castelán, euskera, portugués, alemán e francés.

En 1996, un pequeno equipo de xente fundamos o Festival Internacional de títeres Galicreques . Este encontro superou xa o cuarto de século de traxectoria. Durante moitos anos a súa sede central foi a Sala Yago, un proxecto de sala alternativa de títeres, teatro e cine no que estivemos unha pequena cooperativa dende o 1996 basta o 2007.

Espero sempre deixarme sorprender e namorar por novas historias que contar e co desexo de ir con elas coñecendo xentes e lugares.