
Sinopse
Monicrequeando é un espectáculo mixto de monicreques e actores a cargo da compañía Matapiollos que puxo en escena “A rebelión do monicreque”. Ao espectáculo acompañábao unha publicación coa historia do “Rato Pincho”, reescrita nesta ocasión de novo por Gloria Sánchez para ser representada; na segunda parte da publicación os cativos e cativas atoparán o traballo de Carme Domech, “Monicrequeamos”, no que se lles explica como construír monicreques con materiais que teñen por casa e de reciclaxe. Toda a imaxe gráfica da campaña é obra do artista Rodrigo Chao.
Editorial: Editorial Galaxia
Data edición: 2009
Autores: Carmen Domech, Gloria Sánchez e Rodrigo Chao
Máis info: https://editorialgalaxia.gal/monicrequeando-en-galego-por-que-non/